Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Tramitado neste concello o expediente para a adquisición de bens inmobles por concurso con procedemento aberto, destinados á formación dunha área recreativa e de esparexemento na parroquia de Reboreda, disponse a apertura do prazo de presentación de ofertas durante 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG. Os interesados poden consulta-lo prego de cláusulas administrativas particulares na secretaría xeral do concello, de 9 a 14 horas, nos días laborables.

Redondela, 15 de xullo de 2002.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde