Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

No BOP de Ourense do día da data, publícanse íntegras as bases para prove-los postos de traballo vacantes no cadro de persoal desta deputación provincial e no cadro laboral fixo, correspondentes á oferta de emprego público de 2002.

As prazas que se convocan con as seguintes:

a) Cadro de persoal:

-Unha (1) praza de administrativo de Administración xeral, grupo C, nivel 19. Concurso-oposición por promoción interna para auxilares de administración xeral coa titulación esixida para o grupo C

ou coa titulación do grupo D pero cunha antigüidade de 10 anos na escala ou 5 anos se contan con cursos de formación específica sobre xestións e técnicas e organización do traballo administrativo ou réxime administrativo impartidos por esta deputación, conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994.

Unha (1) praza de técnico xurídico urbanista, grupo A, nivel 26, escala de administración especial, subescala técnica. Oposición libre. Título de licenciado en decreto.

-Unha (1) praza de técnico en desenvolvemento local e recursos europeos, grupo A, nivel 26, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase de cometidos especiais. Oposiciónlibre. Titulación de licenciado con máster ou postgrao universitario de 90 créditos ou máis sobre desenvolvemento local.

-Unha (1) praza de técnico prevencionista, grupo B, nivel 24, escala de Administración especial, subescala técnica. Concurso-oposición libre. Titulación de licenciado ou diplomado e curso de especialización de 600 horas, en ergonomía e psicosocioloxía aplicada, en seguridade no traballo e en hixiene industrial.

-Unha (1) praza de oficial vixilante de obras, grupo D, nivel 17, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, persoal de oficios. Provisión por concurso-oposición por promoción interna horizontal. Título de graduado escolar ou equivalente.

-Unha (1) praza de oficial técnico de obras provinciais, grupo C, nivel 19, escala de Administración especial, subescala técnica. Concurso-oposición libre. Título de bacharelato, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

b) Cadro laboral.

-Unha (1) praza de porteiro-ordenanza, asimilada ó grupo E, nivel 12. Concurso-oposición por promoción interna horizontal. Ceritificado de escolaridade.

-Tres (3) prazas de conductor especialista de maquinaria, asimiladas ó grupo D, nivel 16. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Graduado escolar ou equivalente e permiso de circulación clase D.

-Catorce (14) prazas de legoeiros, asimiladas ó grupo E, nivel 12. Delas sete (7) por concurso-oposición libre e sete (7) por oposición libre. Certificado de escolaridade. As solicitudes presentaranse con independencia para a oposición libre e para o concurso-oposición libre, expresando claramente en que grupo se inclúe. Nas solicitudes de oposición libre non se poden facer constar nin alegar méritos que só se terían en conta na fase de concurso.

-Unha (1) praza de encargado de imprenta, asimilada ó grupo C, nivel 21. Concurso-oposición por promoción interna vertical con título esixido para o grupo C (bacharelato superior ou equivalente) ou ben con título esixido para o grupo D e 10 anos de servicio como mínimo, conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994.

-Unha (1) praza de encargado capataz de camiños, asimilada o grupo D, nivel 17. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Graduado escolar ou equivalente.

-Dúas (2) prazas de albaneis, asimiladas ó grupo D, nivel 17. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Graduado escolar ou equivalente.

-Dúas (2) prazas de operario do pazo dos deportes, asimiladas ó grupo E, nivel 12. Concurso-oposición por promoción interna horizontal. Certificado de escolaridade.

-Unha (1) praza de auxiliar técnico de laboratorio, aismilida ó grupo D, nivel 17. Oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

-Unha (1) praza de auxiliar de oficina-bibliobús, asimilada ó grupo D, nivel 16. Concurso-oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

-Unha (1) praza de rexente do pazo dos deportes, asimilida ó grupo C, nivel 21. Concurso-oposición por promoción interna vertical con título esixido para o grupo C (bacharelato superior ou equivalente) ou ben con título esixido para o grupo D e 10 anos de servicio como mínimo, conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994.

-Dúas (2) prazas de auxiliar de recadación, asimiladas ó grupo D, nivel 16. Concurso-oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ó da publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado. No caso das solicitudes para participar nas probas de promoción interna do persoal laboral o prazo de presentación será de 20 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio específico da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992. Nos casos de concurso ou concurso-oposición, á solicitude deben unirse os xustificantes dos meritos que se aleguen.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, acompañando á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo A ou asimiladas: 18,03 euros; grupo B ou asimiladas: 13,52 euros; grupo C ou asimiladas: 7,51 euros; grupo D ou asimiladas: 6,01 euros; grupo E ou asimiladas: 4,51 euros.

A deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes, nas oficinas do rexistro xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense), ou solicitándoo ó telefono 988 38 51 00 ou fax 988 38 51 84.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3º da Lei 5/1995, de Administración local de Galicia.

Ourense, 31 de xullo de 2002.

O presidente

Rubricado