Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Con data do 9 de xullo de 2002 dictouse a seguinte resolución:

Visto o proxecto presentado por Ramón Varela Puñal e visto que se axusta ó establecido no Regulamento de xestión urbanística e lexislación urbanística concordante,

RESOLVO:

1. Aproba-la normalización de predios solicitada por Ramón Varela Puñal, que afecta a tres predios lindantes con fronte á praza Vila de Laxe, sinalados cos números 23, 29 e 8 do polígono catastral 56529.

2. Facer público o presente acordo, dándolles un prazo de 20 días de audiencia no expediente ós posibles interesados.

Carballo, 10 de xullo de 2002.

Manuel Varela Rey

Alcalde