Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T. de interconexión da Confederación Hidrográfica Tronceda-Salto de Lagoa, no concello de Mondoñedo. (Expediente 15/2002 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a seguir:

-Peticionario: Sociedad Española de Generación Eléctrica-Segel, S.L.

-Finalidade: conexión da central hidroeléctrica de Tronceda coa rede eléctrica de distribución.

-Descricións técnicas principais:

1. Liña de media tensión subterránea con orixe na central hidroeléctrica de Tronceda e remate no paso subterráneo-aéreo (apoio número 1 da L.M.T. aérea) de 30 m de lonxitude a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.Z.1.

2. Liña de media tensión aérea con orixe no paso subterráneo-aéreo (apoio número 1 citado anteriormente) e remate na L.M.T. ó C.T. de Figueiras de 425 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, as alegacións por escrito que estimen oportuno, podendo

corrixi-los erros que encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos

ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 3 de xullo de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Nº par.ParaxeCultivosPropietarioDomicilioAfecciónElemento

Lonxitude

voo (m)

Superficie

voo (m)

Superficie

(m)

1CunqueirosMonte altoMª Josefa Barreira Rivas e

José Mª Barreira Rivas

Avda. Ferrol, nº 13-2º esq.

Viveiro

203209L.M.T. enlace

apoio nº 4