Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se abre o trámite de información pública do proxecto sectorial para a implantación do Centro de Transportes e Terminal Intermodal de San Cibrao das Viñas.

En relación co proxecto citado, a Dirección Xeral de Transportes

ACORDA:

Primeiro.-Facer público o acordo do 30 de xullo deste ano, adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, declarando como de incidencia supramunicipal o proxecto sectorial para a implantación do centro de transporte e terminal intermodal de San Cibrao das Viñas que literalmente di:

«1. Declara-lo proxecto sectorial para a implantación do centro de transporte e terminal intermodal de San Cibrao das Viñas, como de incidencia supra

municipal para os efectos previstos pola Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

2. Determinar que lle corresponde á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o impulso e tramitación do citado proxecto sectorial, segundo o procedemento establecido polo artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e o artigo 13 do Decreto 80/2000».

Segundo.-Somete-lo proxecto, de conformidade co establecido no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da Comunidade Autónoma.

Terceiro.-Dar trámite de audiencia as corporacións locais nos termos establecidos no precitado artigo 13.

O expediente poderase examinar no Concello de San Cibrao da Viñas (Ourense) e nas oficinas de Xestión Urbanística de Ourense, S.A., sitas en Ourense, na rúa Curros Enríquez nº 1 planta 8ª, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a devandita sociedade.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes