Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 16 de agosto de 2002 Páx. 12.458

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (534/2001).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 534/2001, que se segue neste xulgado por unha falta contra a orde pública, se acordou citar a Manuel Seoane Mato para que compareza, en calidade de denunciado, ante a sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 11 de setembro, ás 11.20 horas, para a realización do xuízo de faltas, baixo apercibimento de que, se non comparece sen alegar xusta causa que llo impida, recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Manuel Seoane Mato, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o tres de xullo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado