Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 14 de agosto de 2002 Páx. 12.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

216 POL 2002 Antas de Ulla: rede de sumidoiros e depuración de Castro de Amarante e Rececendes.128.480,486 meses

Grupo E

Subgrupo 1

Categoría c

231 POL 2002 Portomarín: saneamento, abastecemento e servicios no polígono industrial de Portomarín.60.101,216 mesesNon se esixe

235 POL 2002 Sober: saneamento da parroquia de Santo Estevo de Anllo.123.920,319 mesesGrupo E

Subgrupo 1

Categoría c

236 POL 2002 Taboada: saneamento e depuración de Friamonde, Fontao en Vilela e Xián Norte.192.323,8710 meses

Grupo E

Subgrupo 1

Categoría c

246 POL 2002 Cospeito-Castro de Rei: feira do Monte-Castro, alargamento e mellora p.k. 4,90-6,72.335.0009 meses

Grupo G

Subgrupo 6

Categoría d

248 POL 2002 Navia de Suarna: Navia-Freixís-Silvouta, alargamento e mellora p.k. 2,10-4,90.288.48610 meses

Grupo G

Subgrupo 6

Categoría c

115 POS 2002 Antas de Ulla: de Chantada a Antas de Ulla, alargamento e mellora p.k. 23,73-24,73.90.0006 mesesNon se esixe

121 POS 2002 Cervo: de Cervo por Sargadelos a Vilaestrofe (p.k. 2,1-2,9) e acceso a Senra (p.k. 0-1,08) reforzo firme p.k.0,00-1,88.108.1826 mesesNon se esixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na tesourería provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se cita no encabezado (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10 a 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de oferta.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 6 de agosto de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Francisco Javier Giménez Miralles

Secretario da Deputación Provincial de Lugo