Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.378

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DE SANTIAGO

BASES da convocatoria da praza de xerente da fundación.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adoptado polo Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Santiago o día 30 de xullo de 2001, convócanse probas de selección para cubrir, baixo a modalidade de contratación indefinida, unha praza de xerente para facerse cargo da xestión de dita fundación.

As condicións específicas do contrato de traballo, así como as funcións a realizar polo xerente da fundación, estarán á disposición dos interesados na sede da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, en adiante SDC, sita na estrada Santiago-Noia Km 3, A Barcia (Santiago de Compostela). Teléf: 981 54 26 08.

I. Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ser maior de 18 anos.

-Acreditar titulación universitaria de grao superior.

-Acreditar unha formación mínima de 350 horas e/ou experiencia profesional de 1 ano en planificación e desenvolvemento local-comarcal.

II. Coñecementos que se requiren:

a) Coñecementos específicos:

-Teoría e práctica do desenvolvemento comarcal: o Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

-Teoría e metodoloxía da planificación estratéxica.

-Metodoloxía dos procesos de desenvolvemento.

-Dinámica do desenvolvemento e fases da planificación estratéxica.

-Modelos aplicados de desenvolvemento territorial: análise de casos.

-Teoría e práctica do desenvolvemento local.

-Recursos e axentes para o desenvolvemento local e comarcal.

-Programación e organización de actividades de formación, promoción e dinamización.

-Actividades de promoción e desenvolvemento comarcal.

-A animación sociocultural. Concepto. Técnicas.

-Organización de actos de promoción sectorial.

-Organización feiral en Galicia.

-A Rede de Centros Comarcais de Galicia.

-Técnicas de programación de itinerarios turísticos.

-Organización e estructura do turismo rural en Galicia.

-Estructura económica e social da comarca de Santiago de Compostela.

-Estructura e organización territorial de Galicia.

-As administracións locais. O municipio. A provincia. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

-Formas de intervención da Unión Europea para o desenvolvemento rexional e local.

-Europa: estructura territorial e organización política e administrativa.

-As institucións europeas e o seu funcionamento.

-A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea.

-As comunidades europeas. O ordenamento xurídico comunitario. As liberdades básicas do sistema comunitario.

-Xestión de programas e de iniciativas comunitarias.

-O asociacionismo. Concepto, características e normativa que o regula. Organización. Sistema de financiamento.

-As regulacións e normativas legais que afectan o modelo galego de desenvolvemento comarcal.

-Marco legal sobre fundacións de interese galego e de institucións sen finalidade de lucro.

-Lei de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral.

-Lei de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación.

-Normativa reguladora das organizacións non gobernamentais.

-Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

-O procedemento administrativo: concepto e natureza. Iniciación, ordenación, instrucción e terminación. O silencio administrativo.

-O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Capacidade para contratar. Forma. Documentación e proba.

-O Servicio Galego de Colocación (SGC).

-As medidas activas de emprego vixentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

-A planificación contable. Plan xeral de contabilidade. Ámbito e contido do plan. Obxectivos. Criterios de valoración. O euro: a súa reconversión e regras de redondeo.

-O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

-O Consello da Xunta de Galicia. Organización e estructura das consellerías.

-O Parlamento de Galicia. O Valedor do Pobo. A Administración pública da Comunidade Autónoma.

-O Consello de Contas, O Consello Económico e Social.

-O protocolo e a normativa legal que o regula. Organización e coordinación de actos.

-A Lei do patrimonio cultural de Galicia.

-A Lei do estatuto dos traballadores.

b) Coñecementos complementarios:

-Acredita-lo coñecemento da lingua galega.

-Posuír e acredita-lo coñecemento de informática a nivel usuario.

III. Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia DNI.

-Currículum vitae xunto coa documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación requirida, os coñecementos, os méritos e experiencia profesional.

-Solicitude dirixida ó presidente da fundación, segundo o modelo do anexo I.

IV. Lugar e prazo de presentación.

-As solicitudes presentaranse nas dependencias da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, situada na estrada Santiago-Noia, Km 3 A Barcia. 15896 Santiago de Compostela.

-O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

V. Comisión de selección:

A comisión de selección estará formada polos seguintes membros:

Presidente: Titular: Andrés Precedo Ledo, presidente do Padroado da Fundación.

Suplente: José Mª Sangil Noya, delegado provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e da Administración Pública na Coruña.

Vicepresidente: Titular: José Astray Lorenzo, vicepresidente do Padroado da Fundación.

Suplente: Adolfo Gacio Vázquez, vocal do Padroado da Fundación.

Secretario: Titular: Odón Casimiro Cobas García, secretario do Padroado da Fundación.

Suplente: Juan Manuel Baleato Iglesias, vocal do Padroado da Fundación.

Vocales: José Mª Soriano Villalba, xefe de Asuntos Económicos da SDC.

José Figueroa Dávila, xefe de Acción Comarcal da SDC.

Rosario Álvarez Cao, xefa de Planificación da SDC.

Carmen Peñamaría Mallón, directora da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Santiago de Compostela.

VI. Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección publicará as listas previas

de admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de dez días hábiles para que, por petición do interesado, se poida reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos e fixaranse o lugar e data de celebración da proba de coñecementos. Os candidatos deberán asistir provistos do DNI. Estas listas publicaranse no taboleiro de anuncios da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. As probas de selección consistirán en:

a) Proba escrita teórico-práctica de coñecementos (punto II.a). A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados. Os dez candidatos que obteñan a maior puntuación na proba escrita, serán convocados á proba oral.

b) Proba oral sobre experiencia profesional en desenvolvemento territorial/local e sobre coñecementos con base na temática que se recolle nos puntos II.a) e II.b) destas bases. Os candidatos convocados deberán responder, durante un máximo de 30 minutos, ás preguntas que, sobre os citados contidos, lle sexan formuladas polos membros da comisión de selección. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 5 puntos, sendo necesario acadar unha puntuación mínima de 2,5 puntos para superar esta proba.

Unha vez valoradas as probas anteriores, a Comisión de Selección publicará no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia os resultados definitivos, con indicación expresa do candidato seleccionado.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Andrés Precedo Ledo

Presidente do Padroado da Fundación

ANEXO I

D./Dna. ..., con DNI ..., en virtude da convocatoria da praza de xerente da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Santiago,

SOLICITA

participar no proceso selectivo para cubrir unha praza de xerente convocada pola Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Santiago mediante anuncio público desta fundación no DOG nº ... con data ... . Para tal fin, achégase documentación conforme o recollido nas bases da citada convocatoria.

En Santiago de Compostela, ... de .... de 2002.

Asdo.: ....

Presidente do Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Santiago.