Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAMIRÁS

ANUNCIO de licitación.

Resolución do Concello de Ramirás pola que se anuncia a contratación da obra de acondicionamento de edificio para residencia da 3ª idade, Mosteiro Ramirás, 4ª fase, por procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto no artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la obra seguinte:

1. Obxecto do contrato: obra de acondicionamento de edificio para residencia da 3ª idade, Mosteiro Ramirás, 4ª fase, segundo proxecto dos arquitectos Alberto de Paula Prieto e Aurelio Outeiriño Fernández, aprobado pola Comisión de Goberno do 29 de maio de 2002.

2. Duración do contrato: seis meses.

3. Tipo de licitación: 95.531 euros.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento vixente.

5. Publicidade dos pregos: estará de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais.

6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación, equivalente a 1.910,62 euros.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguinte á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

9. Presentación de proposicións: ata as trece horas do décimo terceiro día hábil natural seguinte contados desde a última das datas de publicación do anuncio no BOP de Ourense ou ben no Diario Oficial de Galicia

10. Apertura de proposicións: ás dezasete horas do segundo día hábil (agás sábado) seguinte ó de remate do prazo para presentación de proposicións, en acto público, no salón de sesións da casa do concello.

11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula 17 do prego.

12. Clasificación do contratista: non se esixe.

Ramirás, 5 de xullo de 2002.

Pilar López García

Alcaldesa