Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1266/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de xulio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto refundido do estudio de detalle de reordenación de aliñacións e rasantes do sector A-6, promovido por Manuel Freijeiro Mato, en representación de Xunta de Compensación do Sector A-6, facendo consta-lo seguinte:

I. Se ben os detalles constructivos da escaleira peonil non procede que sexan incluídos neste documento xa que o apropiado é a súa inclusión no proxecto de urbanización como tal expediente de obras, garantiranse en todo caso as esixencias do límite de vistas entre parcelas definido polas disposicións do Código Civil, e a solución planificada comporta dificultades que se van a resolver nos seus puntos lindantes.

II. Idéntico razoamento sería de aplicación respecto das características constructivas do muro de contención, que deberá, necesariamente, ser obxecto do correspondente expediente para legalizar, se procede, as obras executadas, coa solicitude da correspondente licencia de obras.

2. Somete-lo dito expediente a información pública polo prazo dun mes, anunciando esta no BOP, no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia para o seu exame e presentación de alegacións que procedan.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de xullo de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente