Por Decreto de Alcaldía de data 31-7-2002, foi aprobado o prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a contratación mediante concurso con procedemento aberto urxente de subministración e instalación de 386 butacas para o edificio Pazo da Cultura de Carballo, o cal se expón ó público por prazo de oito días contados a partir do seguinte
ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP, ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.
Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.
Importe licitación: 78.438,55 A.
Prazo subministración: 2 meses.
Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do sexto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.
Proposicións:
Lugar e prazo de presentación: presentarase no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de trece (13) días, contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de concurso no DOG ou BOP.
Documentación: presentarase en 2 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.
Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.
Carballo, 1 de agosto de 2002.
Manuel Varela Rey
Alcalde