Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha consultoría e asistencia para coordinación do sistema de compras nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (S-243/2002).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde.

Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

Número de expediente: S-243/2002.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: consultoría e asistencia para coordinación do sistema de compras nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Prazo de execución: desde o 1 de decembro de 2002 ata o 30 de novembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: sesenta e catro mil euros (64.000 euros).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data limite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6.)

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados dende a data de remate de presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas A.M., na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do quinto día natural contado dende a data de finalización de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a trescentos cincuenta euros (350 euros).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos