Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto e trámite de urxencia, para a contratación da consultoría e asistencia técnica para o deseño e execución dunha campaña de información e sensibilización para o uso correcto dos recursos hídricos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

Dependencia que a tramita: secretaría xeral.

Número de expediente: EC0001/04.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: deseño e execución dunha campaña de sensibilización e información sobre a necesidade de facer un uso responsable e racional dos recursos hídricos, perseguindo, dunha banda, a progresiva concienciación da importancia da auga como recurso público escaso, e doutra, unha maior responsabilidade na súa adecuada xestión.

Prazo de execución: 3 meses contados desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 351.376 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación: 7.028 euros.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados no rexistro xeral de Augas de Galicia.

Domicilio: praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, baixo.

Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono de información: 981 54 43 35.

Fax: 981 54 16 76.

Enderezo da Internet onde se poderán obte-los pregos relativos á contratación: http://www.xunta.es/contratación/.

Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira: será acreditado pola presentación do informe de institucións financeiras sobre a solvencia económica do licitador (artigo 16.1º a) do TRLCAP).

Solvencia técnica: será acreditado pola presentación da seguinte documentación (artigo 19 b), c) e e) do TRLCAP).

-Relación dos principais traballos en relación a proxectos de comunicación vencellados ós recursos

hídricos, realizados nos últimos tres anos, incluíndo o importe, data e beneficiarios destes.

-Declaración dos materiais, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato.

-Descrición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integrados directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral de Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, baixo.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

9. Apertura das proposicións.

Realizarase no lugar antes indicado, ás 10 horas do décimo día natural contado desde o seguinte ó termo de presentación das proposicións. Se coincidise en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia