Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia a licitación, por concurso aberto, da subministración de equipos e material didáctico para prácticas de mergullo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro-Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: 2002/12/483, referencia: SETNP-C-003-2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: equipamento e material didáctico para prácticas de mergullo.

b) Número de unidades que se entregarán: segundo o prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: 4 lotes.

-Lote 1: material e equipamento para especialidades subacuáticas.

-Lote 2: material e equipamento para mergullo con sistemas de auga quente.

-Lote 3: equipamento de mergullo de circuíto semipechado.

-Lote 4: transvasador de gases.

d) Lugar de entrega: Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

e) Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 103.770 A.

-Lote 1: 62.387 A.

-Lote 2: 21.533 A.

-Lote 3: 8.000 A.

-Lote 4:11.850 A.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

b) Enderezo: Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15781.

d) Teléfono: 981 54 61 52.

e) Fax: 981 54 61 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os especificados na folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: segundo a folla de especificacións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: 11.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web para obte-los pregos: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1562.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2002.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro