Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: ampliación subestación Portodemouros.
Situación: concello de Vila de Cruces.
Descricións técnicas: ampliación subestación Portodemouros, no concello de Vila de Cruces, cunha posición de liña a 220 kV, composta por un interruptor tripolar, tres seccionadores, autoválvulas, aparellaxe, e sistemas de control, protección e medida.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 26 de xuño de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra