Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso, das obras que se citan.

a) Obra:

1. RC/LU/02/01 «Reforzo de bordes con macadam bituminoso e rexeneración do pavimento con dobre tratamento superficial. LU-535, de Becerreá a Ventas de Narón, p.k. 0+000 ó p.k. 66+400. Treito: Becerreá-Enxibrón, do p.k. 0+350 ó p.k. 6+350».

Orzamento: douscentos trinta mil seiscentos noventa e catro euros con noventa céntimos (230.694,90 A).

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

2. RC/LU/02/02 «Reforzo de bordes con macadam bituminoso e rexeneración do pavimento con dobre tratamento superficial. LU-703, ramal da C-630 a Santa Eulalia de Oscos, do p.k. 0+000 ó p.k. 9+350».

Orzamento: douscentos noventa e un mil cento noventa e oito euros con oitenta en catro céntimos (291.198,84 A).

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

b) Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como os correspondentes proxectos das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores estarán á súa disposición na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, na Ronda da Muralla, 70-2º (Lugo).

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a garantía provisional do 2%, agás nos casos

establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

d) Prazo e lugar para a presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

e) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións, que será pública, realizarase ás once horas do día 3 de setembro de 2002, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública de Lugo.

f) Documentos que deben presenta-los licitadores: os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas. A solvencia económica deberá xustificarse de acordo co previsto no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 2 de agosto de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo