Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.346

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (4775/2002).

Por este edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Ramón de Uña Piñeiro, en nome e representación de Pilar Raña Dafonte, contra decreto do Consello da Xunta de Galicia nº 162/2002 (DOG do 13 de maio), polo que se decreta a suspensión das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Oroso.

Recurso número: 02/0004775/2002.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, vintesete de xuño de dous mil dous.

Isabel Freire Corzo

Secretaria