Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía nº 3329/2002, do 11 de xuño, aprobouse o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, de terreos sitos no ámbito do Plan Parcial, SUNP-31 Mesón da Auga, PXOU de Oleiros, A Coruña.

De conformidade co artigo 145.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, do 24 de marzo, o dito expediente estará exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros de 9 a 13 horas e polo prazo dun mes, contado desde o seguinte a aquel no que apareza publicado o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de presentación das observacións e reclamacións que se consideren oportunos.

Oleiros, 1 de agosto de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa