Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

Polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 18-7-2002 acordouse prestar aprobación inicial ó expediente nº 37/2002.PMP de modificación puntual da Ordenanza de solo industrial (INDU), promovida de oficio, o cal se somete a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio de Urbanismo, e, se o consideran oportuno, presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Arteixo, 24 de xullo de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde