Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Profesional del Comercio Ambulante de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 2 de xullo de 2002, acta da asemblea xeral extraordinaria expedida polo secretario da devandita asociación, Manuel González Pérez, avalada con visto e prace do presidente, José Manuel Liste García, na que se reflicten os acordos acadados na dita asemblea, na reunión celebrada o día 11 de xuño de 2002, e que consisten na modificación do artigo 1 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais