Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T., polígono Barreiros.
Situación: San Cibrao das Viñas.
Descricións técnicas: desmonte da L.M.T. aérea a 20 kV do C.T. polígono Barreiros e paso a subterránea en conductor R.Z. 12/20 kV, de 540 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. Reboredo oeste e remata na cela de liña do C.T. polígono Barreiros existente. Cambio do C.T. de 400 kVA Louzán e Bertólez a caseta compacta de manobra exterior. 60 m de R.B.T. subt. derivada do C.T.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 1 de xullo de 2002.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense