Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/491-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe e que foi obxecto de información pública no DOG do 13-2-2002 e no BOP do 15-2-2002, por modificado a empresa ó proxecto debido á oposición de veciños da zona:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: retranqueo L.M.T. Camiño Calzada.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 330 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio proxectado tipo C-9000/14 na L.M.T.

D/C BAL 7.08 e 7.02 ata o apoio metálico existente D/11 da L.M.T. D/C BAL 7.08 e 7.02. A instalación está situada no Camiño da Calzada, no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 24 de xullo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra