Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 12 de agosto de 2002 Páx. 12.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de xullo de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de apertura de expediente sancionador pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Manuel Expósito Casas, S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de apertura de expediente sancionador pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributraria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con domicilio na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 2 de xullo de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Manuel Expósito Casas, S.A

NIF:A-36.038.495

R/ Fontenla, San Xoán (Poio)

Taxa fiscal sobre o xogo

Expediente sancionador nº: 36/2002/00087

Período 2000

Manuel Expósito Casas, S.A

NIF:A-36.038.495

R/ Fontenla, San Xoán (Poio)

Taxa fiscal sobre o xogo

Expediente sancionador nº: 36/2002/00088

Período 2001

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA