Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 1 de xullo de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para ordenación de parcela (ETD8) na avenida Rosalía de Castro, promovido por Proinsa e redactado polo arquitecto Jesús Mª Diéguez Pazos.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 4 de xullo de 2002.

Joaquín J. Gago López

Alcalde