Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

EDICTO.

O Concello de Sarria, de conformidade co acordado pola Comisión do Goberno na sesión celebrada o 18 de xuño de 2002, convoca as seguintes licitacións:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: as obras correspondentes ós proxectos técnicos seguintes:

Obra número 1: renovación servicios rúa Pascual Veiga.

Obra número 2: renovación servicios rúa Portomarín.

Obra número 3: urbanización rúa Pondal, 2ª fase.

b) Prazos de execución:

Obra número 1: tres (3) meses.

Obra número 2: tres (3) meses.

Obra número 3: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Obra número 1: 91.630,88 euros.

Obra número 2: 78.131,47 euros.

Obra número 3: 105.411,69 euros.

Nos prezos inclúese o IVE correspondente.

5. Garantías:

Provisional: 2% do prezo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Sarria.

b) Domicilio: rúa Maior, 14.

c) Localidade e código postal: 27600 Sarria.

d) Teléfono: 982 53 50 00.

e) Fax: 982 53 09 16.

7. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de proposicións: vinteseis (26) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria, rúa Maior, 14; 27600 Sarria.

9. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó da celebración do acto de cualificación da documentación que se celebrará pola súa vez o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás trece trinta horas, na casa do concello, rúa Maior, 14.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos contratistas adxudicatarios.

11. Anuncio extenso: BOP de Lugo nº 162, do 16 de xullo de 2002.

Sarria, 29 de xullo de 2002.

Claudio Melquíades Garrido Martínez

Alcalde