Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADUMIA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ribadumia.

2. Obxecto do contrato: execución das obras (POL 2002) do proxecto de obras acondicionamento no polígono industrial do Salnés (Cabanelas-Ribadumia).

3. Forma de adxudicación: concurso, por procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 68.500,96 euros.

5. Garantía provisional: 1.370,02 euros. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Ribadumia, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais

a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase conforme o seguinte modelo:

D....., con DNI número....., expediendo en....., con data....., en nome propio (ou en representación de....., como acredita por.....,) informado da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia número....., de data....., toma parte neste comprometéndose a realiza-la obra de obras acondicionamento no polígono industrial do Salnés (Cabanelas-Ribadumia), no prezo de sesenta e oito mil cincocentos euros con noventa e seis céntimos (68.500,96 euros), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, conforme o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura.

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Ribadumia, ás 12 horas do quinto día hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Ribadumia, 2 de xullo de 2002.

María Salomé Peña Muñiz

Alcaldesa