Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LÁNCARA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal en sesión celebrada o día oito de agosto de dous mil dous acordou prestar aprobación definitiva ó Plan Parcial en Láncara-Lugo, Finca Vadriz, presentado por Construcciones Clelia, S.L., redactado por José Arias Jordan.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio. Todo isto sen prexuízo de que poidan exercer, se é o caso, calquera outro recurso que consideren procedente.

Norma reguladora: artigo 48 da Lei do solo de Galicia (Lei 1/1997).

Láncara, 8 de agosto de 2002.

Eladio Capón López

Alcalde