Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do día 25 de abril de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle do predio sito en Camiño do Asperón, promovido por Ramón Iglesias Maceiras (expediente 50/2001.PED).

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non puidese practicar, sirva o presente de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (LRX-PAC).

Recursos:

-Contra o presente acordo poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (STSXG) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA).

-Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 LRX-PAC.

-Contra a resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 LXCA.

-Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición deste sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición del), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 LXCA en relación cos artigos 116 e 117 LRX-PAC.

Arteixo, 27 de maio de 2002.

P.D. (Decreto nº 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde