Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se adxudica o contrato do servicio de mantemento técnico legal das instalacións de calefacción, climatización e redes de auga quente e fría sanitaria deste complexo hospitalario (C.P. 1/2002).

Convocado o concurso público nº 1/2002 para a contratación do servicio de mantemento técnico legal das instalacións de calefacción, climatización e redes de auga quente e fría sanitaria do Complexo Hospitalario de Ourense, e á vista das actuacións practicadas de conformidade coa lexislación vixente, esta xerencia xeral, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo sexto, letra j) da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudica-la contratación do servicio de mantemento técnico legal das instalacións de calefacción, climatización e redes de auga quente e fría sanitaria do Complexo Hospitalario de Ourense, de acordo coa proposta da mesa de contratación efectuada en sesión do 16 de maio de 2002, a:

Empresa: Ferrovial Servicios, S.A. (Ferroser).

NIF: A.80241789.

Enderezo: Príncipe de Vergara, 135, 28002 Madrid.

Segundo.-O importe de contrato é de cento vintenove mil cento corenta e un euros con setenta e oito céntimos (129.141,78 A), IVE incluído, para o período total da súa execución.

Terceiro.-A vixencia do contrato fíxase por un período de 2 anos, contados desde a data que se fixe nel.

Cuarto.-Previamente á formalización do contrato, a empresa adxudicataria deste servicio está obrigada a constituír unha fianza definitiva do 4% do importe de adxudicación, así como ó resto das obrigas, na forma e contía sinaladas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexeron neste concurso.

Ourense, 24 de xuño de 2002.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense