Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a infor
mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.
Denominación: modificación L.M.T.S., C.T. rúa Caracas, s/n.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: modificación liña de media tensión subterránea a 15/20 kV de 390 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T.S. a C.T. trav. de San José (expediente 117/1997) e final no C.T. rúa Caracas nº 92-94. Concello de Arteixo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 3 de xullo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña