Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 09 de agosto de 2002 Páx. 12.242

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 31 de xullo de 2002 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de cargo directivo pertencente á estructura organizativa do Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

De conformidade co Decreto 86/1994, do 14 de abril (DOG nº 77, do 22 de abril), polo que se establece a estructura e funcións da oficina do Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias, no exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPOÑO:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, a praza que se indica no anexo desta orde, pertencente á estructura organizativa do Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os interesados que, para esa praza, reúnan os requisitos previstos nesta orde.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade, no das súas delegacións provinciais ou en calquera das direccións provinciais do Sergas, ademais de nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados deberán presentar, xunto coa solicitude, un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que nel aleguen, ademais de xustifica-los requisitos ós que se refire o punto segundo desta orde.

Cuarto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podéndose declarar deserto o cargo directivo ofertado.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Praza: xefe de área de asistencia, formación e investigación.

Requisitos:

-Posuír titulación superior.

-Non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas ou profesionais.