Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.180

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POL-4 CAPUCHINAS DO CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Téndose aprobado inicialmente na asemblea xeral convocada en legal forma o 16 de xullo, o proxecto de compensación do polígono 4 Capuchinas-Papagayo-Tabares, formulado pola xunta de compensación do dito polígono, e en atención ó disposto no artigo 133.8º en relación co artigo 102 da Lei do solo de Galicia 1/1997, sométese a información pública polo prazo de 20 días contados desde a publicación deste anuncio no DOG co obxecto de que por parte dos interesados se poidan realiza-las alegacións que teñan por conveniente, quedando á súa disposición nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña, onde quedou depositado, e no estudio profesional da arquitecta Carlota Robelo Pardo, sito na avda. Buenos Aires, 9, ent. dta., da Coruña.

Manuel Dopazo Carreira

Presidente da Xunta de Compensación do POL-4

Capuchinas do Concello da Coruña