Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/82-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.

Domicilio social: Paseo Conde de los Gaitanes, 177, La Moraleja, 28109 Alcobendas.

Denominación: segunda ampliación parque 400 kV subestación de Trives.

Situación: A Pobra de Trives.

Descricións técnicas: segunda ampliación do parque de 400 kV na subestación eléctrica de Trives para posibilita-la instalación do 2º circuíto da liña Cartelle-Trives de 400 kV, co que a configuración da subestación queda como segue: dobre barra de 400 kV: a) Embarrado semiflexible con conexións tendidas, destinado á interconexión principal. b) Embarrado ríxido a base de tubos de aluminio destinado á conexión dos aparellos entre si. Polo que atingue ás posicións de liña queda: rúa 1 para autotrafo 3/rúa 2 para liña A Lomba/rúa 3 para futuro autotrafo 2/rúa 4 para acoplamento/rúa 5 para liña Cartelle 1/rúa 6 para liña Cartelle 2. Aparamenta precisa e elementos de seguridade, control e manobra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 11 de xullo de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense