Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pedroso, da provincia de Pontevedra e promovida por Piedras y Granitos de Villanueva, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación

da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pedroso, situada en terreos do concello de Rodeiro, provincia de Pontevedra, e solicitado por Piedras y Granitos de Villanueva, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas