Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Pibideira-Abellá.
Situación: Frades.
Descricións técnicas: L.M.T.A., R.B.T. e C.T.A de 100 kVA e 10/20 kV para a mellora da alimentación eléctrica ó lugar de Pibideira e Maquia, na parroquia de Abellá (Frades). A liña terá a súa orixe na L.M.T.A. de Peñasaco a Abellá (expediente 24881).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 19 de xuño de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña