Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/186).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administra

tiva e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa de Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T., C.T. Freán.

Situación: Abegondo.

Descricións técnicas: ramal L.M.T. aérea 10/20 kV de 224 m de lonxitude en conductor LA-30, que parte da L.M.T. Vilacova a Fontenla e final no C.T. aéreo de Freán de 50 kVA. Concello de Abegondo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de xullo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña