Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre-
to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e c. distribución empresariais-campus universitario.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 142 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde el centro de distribución que se proxecta en empresariais, no campus universitario de Vigo, ata a acometida ós CC.TT. de empresariais, dereito económico e Vilariño. Centro de distribución situado entre as facultades de Ciencias do Mar, Bioloxía e Dereito Económico, con cinco celas de liña CML-SF6.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 24 de xuño de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra