Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 08 de agosto de 2002 Páx. 12.150

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de xullo de 2002 pola que se regulan e protexen os datos de caráter persoal existentes na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nas secretarías xerais dependentes do presidente da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 133, do 11 de xullo de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 10.778, columna primeira, onde di: «Finalidade do ficheiro e uso previsto. Control do persoal laboral mediante a recollida diaria das fichaxes realizadas dos terminais horarios», debe dicir: «Finalidade do ficheiro e uso previsto. Control do persoal laboral e funcionario mediante a recollida diaria das fichaxes realizadas dos terminais horarios».

Na páxina 10.778, columna segunda, onde di: «Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda recoller datos de carácter persoal. Persoal laboral da Xunta de Galicia», debe dicir: «Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda recoller datos de carácter persoal. Persoal laboral e funcionario da Xunta de Galicia».

Na páxina 10.778, columna segunda, onde di: «Cesión de datos. Ningunha», debe dicir: «Cesión de datos. A cada unha das secretarías xerais de cada consellería co fin de consulta-las súas fichaxes».