Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso administrativo 03/0008221/2002 interposto por Víctor Manuel Soto Boado en nome propio e da comunidade hereditaria que forma coas súas irmás Digna Lucía e Dolores Soto Boado.

Recibida da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 03/0008221/2002, interposto por Víctor Manuel Soto Boado en nome propio e da comunidade hereditaria que forma coas súas irmás Digna Lucía e Dolores Soto Boado contra o Decreto 128/2002, do 14 de marzo, e Acordo do 28 de decembro de 2001 sobre a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa polo Concello de Vila de Cruces dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de apertura e urbanización de vía (DOG nº 73, do 16 de abril de 2002 e BOP do 4 de outubro de 2001).

Esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa remitirlle o correspondente expediente á dita sala, o que se lles notifica a tódalas

persoas interesadas no procedemento e emprazalas para que poidan constituírse en parte nos autos da sección terceira da Sala do Contencioso-Adminsitrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local