Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 07 de agosto de 2002 Páx. 12.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria de Flariz (Monterrei, Ourense), devolta polo servicio de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devolta polo Servicio de Correos, notifícase ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figura no anexo a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por Manuel Domínguez Fidalgo contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Flariz (Monterrei, Ourense).

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Benito Feijóo Francisco.

Domicilio: Flariz (Monterrei, Ourense).

Texto: «Desestima-lo recurso que, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Flariz (Monterrei, Ourense), interpuxo Manuel Domínguez Fidalgo.

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa de 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen pertinente.

Notifíquese ós interesados na forma prevista na lexislación vixente.»