Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

EDICTO.

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o 18 de xullo de 2002, prestou aprobación ó proxecto das obras de acondicionamento e mellora de accesos en Pena de Cotá, Friol, Xiá, Carballo e Devesa (redactado polo enxeñeiro Cacicedo Herrero), así como os pregos de condicións económico-administrativas para a súa contratación. O que se expón ó público polo prazo de 15 días o proxecto e 8 días os pregos, para efectos de exame e presentación de reclamacións (que se contarán a partir do seguinte ó da inserción de edicto no DOG). No caso de non presentarse entenderanse definitivamente aprobados.

Supeditado ó transcurso do período de exposición pública e ó seu resultado, convócase licitación, se ben a mesma se adiará no suposto de que no prazo establecido para o efecto se presentasen reclamacións.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Friol.

2. Obxecto do contrato.

a) A realización das obras de referencia, conforme o proxecto técnico aprobado.

b) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 123.476 euros.

5. Financiamento das obras: con cargo á anualidade de 2002 do Plan provincial.

6. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de contrata.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Obtención de información e documentación.

Concello de Friol, praza de España, s/n. CP 27220. Teléfono: 982 37 50 01. Fax: 982 37 52 06.

8. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Friol, ou por calquera xeito dos previstos na lexislación de procedemento administrativo, no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación de edicto no DOG.

9. Requisitos do contratista.

Clasificación: G-6-C.

10. Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos de condicións económico-administrativas.

11. Apertura de propostas: o terceiro día hábil seguinte (que non coincida en sábado), ó da finalización do prazo de presentación de propostas.

12. Criterios de adxudicación: os recollidos nos pregos.

13. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

Friol, 26 de xullo de 2002.

Antonio Muiña Pena

Alcalde