Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARALLA

ANUNCIO de licitación de contrato de servicios.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servicios de limpeza do CPI Luis Díaz Moreno, casa do concello e centro de saúde de Baralla, expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións, a licitación, se ben esta se adiará no suposto de se produciren reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Baralla.

2. Obxecto do contrato.

a) Servicio de limpeza do CPI Luis Díaz Moreno, casa do concello e centro de saúde.

b) Lugar de execución: Baralla.

c) Prazo de execución: 2 anos.

3. a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 18.030 euros (IVE incluído) anuais.

5. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Baralla, rúa Evaristo Correa Calderón, 58. 27680 Baralla (Lugo). Teléfonos: 982 36 33 03, 982 36 32 21.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar.

As proposicións presentaranse en tres sobres pechados:

Sobre A, subtitulado documentación administrativa, co contido sinalado no punto III.2.1. do prego.

Sobre B, subtitulado referencia técnicas, co contido sinalado no punto III.2.2. do prego.

Sobre C, subtitulado proposición económica, redactada conforme o modelo sinalado no punto III.2.3. do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Baralla, rúa Evaristo Correa Calderón 58, Baralla (Lugo).

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Baralla, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado a apertura celebrarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Baralla, 26 de xullo de 2002.

Manuel J. González Capón

Alcalde