Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002 polo que se renova a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Inveco, S.L. con domicilio na estrada da Coruña, número 16 baixo, 27298 Lugo.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24

de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do servicio de calidade na edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral

RESOLVEU:

Renova-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Inveco, S.L. con domicilio na estrada da Coruña, nº 16 baixo, 27298 Lugo, polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

HA: área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes. Cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos co número 15006HA02.

ST: área de toma de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos, co número 15048ST02.

SE: área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15054SE02.

SV: área de solos, áridos, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en viais co número 15055SV02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo