Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx. 12.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, da execución das obras de rehabilitación e adaptación do edificio do Xulgado de Arzúa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación e adaptación do edifico do xulgado de Arzúa.

b) División por lotes y número: non leva.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: oito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 360.160,10 A, IVE incluído. Desagregado en dúas anualidades:

Ano 2002: 129.796,35 A.

Ano 2003: 230.363,75 A.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 46 42. Fax: 981 54 46 96.

b) Igualmente, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas relativo a esta contratación no seguinte enderezo de Internet:

http://www.xunta.es/contratacion

As copias da documentación e o proxecto soamente se poderán recoller, mediante o aboamento do seu importe, en Tórculo Artes Gráficas, S A.L., praza de Mazarelos, 14-baixo, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 54 55. Fax: 981 55 20 61.

c) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupos 2, 4 e 6, categoría d.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: 14 horas do 26 de agosto de 2002.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 5 de setembro de 2002.

e) Hora: 9.45 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaría xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE