Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 06 de agosto de 2002 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

02/249-4). 12.052

ACORDO do 27 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/262-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Viña Grande-Alcabre.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 115 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un empalme a realizar na L.M.T. BAL 7.14 á altura do cruzamento das rúas Camiño Sobreira e Camiño Viña Grande, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta denominado Viña Grande-Alcabre, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 345 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. proxectado Viña Grande ata o empalme coa L.M.T. ó C.T. Matadero, á altura do apoio 400/14 da L.M.T. aérea que se vai retirar no Camiño Viña Grande. C.T. de 250 kVA, R.T. 15 kV/380/220 V. R.B.T., aérea, de 80 m de lonxitude, con conductor R.Z. R.B.T., subterránea, de 240 m de lonxitude, con conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegación, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 27 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra