Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

Convócase o concurso para a adxudicación da obra que de seguido se relaciona conforme o proxecto técnico e as cláusulas administrativas particulares que se consideran parte integrante do contrato.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Soutomaior.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación da Casa do Concello de Soutomaior.

b) Lugar de execución: Soutomaior.

c) Prazo de execución: 28 meses.

d) Orzamento de execución por contrata: 310.590 A.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 2% do prezo base de licitación.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, nº 8.

c) Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Teléfono: 986 70 51 06.

e) Telefax: 986 70 53 33.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a da presentación das proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupos todos e categoría c.

b) Outros requisitos: ver prego de cláusulas.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG, último no que se publique.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Soutomaior.

2ª Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, nº 8.

3ª Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Criterios que han de servir de base para a adxudicación: cláusula 14 do prego de cláusulas.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, nº 8.

c) Localidade: Soutomaior.

d) Data: o oitavo día hábil contado a partir do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

9. Gastos de anuncios: adxudicatario.

Soutomaior, 26 de xullo de 2002.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde