Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/101).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. parque empresarial de Alvedro.

Situación: Culleredo.

Descricións técnicas: L.M.T.S., C.T.C. parque empresarial de Alvedro, constituído por:

Liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al.

-De 2.674 m de lonxitude coa orixe en apoio proxectado, de paso aero-subterráneo na L.M.T. 705 subestación San Marcos-Sigrás, Lado Alvedro discorrendo por vías do polígono e final en paso subterráneo-aéreo Lado Sigrás.

-De 134 m de lonxitude, coa orixe en cela C.T.C.-D e final en C.T. existente José López López.

-De 441 m de lonxitude, coa orixe en cela C.T.C.-B e final conectado a liña A C.T. existente metalúrxica.

-Seis centros de transformación A, B, C, D, E e F, tipo caseta prefabricada de formigón, de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en vías do polígono.

-Un centro de transformación, tipo caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, concello de Culleredo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 27 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL