Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/51).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I., R.B.T. Pazos.

Situación: Cambre.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15 kV, sobre apoios de formigón e metálicos tubulares e con conductor LA-56, de 1.728 m de lonxitude, coa orixe no tramo de liña existente entre C.T. Aldea de Arriba e C.T. Longueiral e final no

C.T. Pazos, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Pazos, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 680 m rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., que parte dos C.T. Aldea de Abaixo e C.T.I. Aldea de Arriba, de 1.265 m discorrendo por eses lugares. No termo municipal de Cambre.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

O propietario do predio nº 9, manifesta que o trazado da L.M.T. divide o predio en dous. A zona comprendida entre a liña e o río queda sen ningunha utilidade. O dono do predio servente reclama que se lle expropie todo o predio. Propón como alternativa, cambia-lo poste nº 3 á orilla do río.

Unión Fenosa Distribución, S.A., menciona o artigo 58 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, polo que non pode afirmarse que a superficie afectada pola servidume de paso queda inutilizada para o cultivo coa única restricción relativa á plantación de árbores. Non se xustifican as causas concretas determinantes dos prexuízos económicos para que se tome en consideración a solicitude de expropiación da totalidade da parcela (artigo 22 do regulamento da Lei de expropiación forzosa). Manifesta que esta sociedade se puxo en contacto cos propietarios propoñéndolles despraza-lo apoio nº 3 acercándoo ó nº 4, ou máis próximo ó arroio existente, sen que se chegara a un mutuo acordo.

O propietario do predio nº 17/1, alega que o predio e tamén da esposa, achega documentación que o acredita. Alega así mesmo que o predio xa foi afectado pola expropiación da autoestrada. Alega que sería menos prexudicial se a traza se fixera subterránea e de non ser posible que o trazado discorra pola estrada de servicio da autoestrada, co fin de ocasionar menos prexuízos a súa propiedade e ós colindantes.

Unión Fenosa Distribución, S.A., engade como titular á esposa. Manifesta que o trazado se axusta en todo o posible á pista paralela á autoestrada intentando ocasiona-lo menor dano posible ás propiedades particulares, colocando nesta parcela un único apoio (nº 9) na esquina noroeste. Menciona o Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, sobre R.T.L.E.A.T. e en especial o artigo 4.

Menciona que de 35 parcelas afectadas chegouse a acordo amistoso con 27 afectados o que representa o 77%. Unión Fenosa Distribución, S.A., solicita que se notifique á esposa.

A esposa do propietario do predio nº 17/1 reiterase nas alegacións presentadas inicialmente polo seu esposo e recollidas anteriormente.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 27 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña