Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/236-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos artigos 125 e 144 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Rubios I-O Rabelo.

Situación: concello das Neves.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 190 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio nº 173 da L.M.T. Salvaterra-Taboexa-Batalláns, ata enlazar coa L.M.T. subterránea que se proxecta ó C.T. do O Rabelo, no concello das Neves. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 2 da L.M.T. aérea anterior, ata o C.T. que se proxecta no Rabelo, de 250 kVA R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 2.011 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. do Rabelo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 7 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 02/236-4Provincia: Pontevedra

L.M.T., C.T., R.B.T. Rubios I (O Rabelo)Termo municipal: As Neves

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2SillosaViñedoClotilde Gil GonzálezMontereal, 9, Tortoreos

36449 As Neves

10,7224412