Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 05 de agosto de 2002 Páx. 12.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 5 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se notifica a Resolución do 9 de novembro de 2000, pola que se autoriza e acorda o alleamento directo de 11 predios situados no termo municipal de Friol (Lugo) procedentes do ab intestato de Purificación Fernández García.

1º En cumprimento do disposto no artigo 76.1º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, logo de ter intentada infructuosamente a identificación dos particulares presuntos interesados, de conformidade co establecido no artigo 59.4º e 5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós propietarios lindantes, adquirentes preferentes segundo o artigo 28 da Lei 3/1985, a resolución desta secretaría xeral do 9 de novembro de 2000, pola que se autoriza e acorda o alleamento directo de 11 predios situados no termo municipal de Friol (Lugo), procedentes do ab intestato de Purificación Fernández García, que a seguir se transcribe:

«Resolución do 9 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio, pola que se autoriza e acorda o alleamento directo de 11 predios situados no termo municipal de Friol (Lugo) procedentes do ab intestato de Purificación Fernández García.

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Lugo, mediante auto do 20 de xaneiro de 1998, declara á Comunidade Autónoma de Galicia

herdeira universal dos bens de Purificación Fernández García, veciña de Friol (Lugo).

A herdanza constitúena 11 inmobles, os cales, segundo a taxación efectuada polo Servicio de Valoracións da delegación da Consellería de Economía e Facenda en Lugo valóranse en 2.419.820 pesetas.

Vistos os informes da Subdirección Xeral do Patrimonio de data 6 de xullo de 2000, da Asesoría Xurídica da Consellería de Economía e Facenda de data 10 de outubro de 2000, da Intervención Delegada da dita consellería de data 2 de novembro de 2000, e tramitado o expediente de conformidade co disposto nos artigos 25 e seguintes da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 62 e seguintes do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 3/1985.

No exercicio das competencias que teño atribuídas segundo o disposto no artigo 4.1º b) do Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda.

RESOLVO:

Primeiro.-Acórdase o alleamento directo de 11 predios, situados no termo municipal de Friol (Lugo), procedentes do ab intestato de Purificación Fernández García, que se describen a seguir:

1. Predio a prado Abilleira I no lugar de Camposa, parroquia de Bra, termo municipal de Friol (Lugo). Linda: ó norte, con camiño veciñal de Vilarmeá; sur, camiño veciñal e Manuel Fernández Santos; leste, camiño veciñal; oeste, estrada de Friol a Parga. Forma parte da parcela catastral 108 do polígono 86 de Friol.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo, no tomo 1.029, libro 53, folio 146, predio 6.264, inscrición primeira.

2. Predio a prado Abilleira II no lugar de Camposa, parroquia de Bra, termo municipal de Friol (Lugo). Linda: ó norte, herdeiros de José Cabo Campo e María Devesa Iglesias; sur, camiño veciñal de Vilarmeá; leste, María Devesa Iglesias; oeste, estrada de Friol a Parga e herdeiros de José Cabo Campo. Parcela catastral número 109 do polígono 86 de Friol.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo no tomo 1.029, libro 53, folio 147, predio 6.265, inscrición primeira.

3. Predio a prado Monte do Medio, no lugar de Camposa, parroquia de Bra, termo municipal de Friol (Lugo). Linda: norte, Fe Vigo; sur, Josefa Pereiro Corredoira; leste, estrada Friol a Parga; oeste, María Río Sancosmed. Parcela catastral número 14 do Polígono 243 de Friol.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo no tomo 1.029, libro 53, folio 148, predio 6.266, inscrición primeira.

4. Matogueira Vilarmeá I, no lugar de Camposa, parroquia de Bra, municipio de Friol (Lugo). Linda: norte, herdeiros Dolores García; sur, Jesús e Manuel Santos García; leste, herdeiros Generosa Saavedra; oeste, herdeiros Generosa Saavedra. Parcela catastral 57 do polígono 86.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo, tomo 1.029, libro 53, folio 150, predio 6.267, inscrición primeira.

5. Matogueira Vilarmeá, no lugar de Camposa, parroquia de Bra, municipio de Friol (Lugo). Linda: norte, herdeiros Dolores García; sur, Jesús e Manuel Santos García; leste, Purificación Fernández García e herdeiros de Generosa Saavedra; oeste, herdeiros Generosa Saavedra. Parcela catastral nº 59 do polígono 86.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo, no tomo 1.029, libro 53, folio 151, predio 6.268, inscrición primeira.

6. Prado Vilarmeá III, no lugar de Camposa, parroquia de Bra, municipio de Friol (Lugo). Linda: norte, herdeiros Dolores García; sur, herdeiros de Generosa Saavedra; leste, predio dun veciño de Trasmonte que corresponde á parcela catastral 64 do polígono 86; oeste, Purificación Fernández García. Parcela catastral nº 60 do polígono 86 de Friol.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo, no tomo 1.029, libro 53, folio 152, predio 6.269, inscrición primeira.

7. Predio Torna ou Lousado, no lugar de Camposa, parroquia de Bra, municipio de Friol (Lugo). Linda: norte, José Cabo Campo; sur, camiño de servicio e outros predios; leste, Carmen Pereira Corredoira; oeste, Carmen Pereira Corredoira. Parcela catastral 202 do polígono 247 de Friol.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo, no tomo 1.029, libro 53, folio 153, predio 6.270, inscrición primeira.

8. Labradío Torna ou Lousado, no lugar de Camposa, parroquia de Bra, municipio de Friol (Lugo). Linda: norte, Jacinto Lourés Vigo; sur, Jesús Fernández Devesa e herdeiros de Generosa Saavedra. Parcela catastral 194 do polígono 247 de Friol.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo, no tomo 1.029, libro 53, folio 154, predio 6.271, inscrición primeira.

9. Predio O Cubelo, no lugar de Camposa, parroquia de Bra, municipio de Friol (Lugo). Linda: norte, José Fernández Devesa; sur, camiño veciñal; leste, José Fernández Devesa; oeste, José Fernández Devesa. Parcela catastral 61 do polígono 245 de Friol.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo, no tomo 1.029, libro 53, folio 155, predio 6.272, inscrición primeira.

10. Predio Pena Trepe no lugar de Camposa, parroquia de Bra, municipio de Friol (Lugo). Linda: norte, Obdulia Cabo e José Sancosmed Saavedra; sur, her

deiros Generosa Saavedra; leste, Fe Vigo; oeste, María Devesa Iglesias. Parcela catastral 95 do polígono 241 de Friol.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo, no tomo 1.029, libro 53, folio 156, predio 6.273, inscrición primeira.

11. Rochedo matogueira Penas Lebres, no lugar de Camposa, parroquia de Bra, municipio de Friol (Lugo). Linda: norte; coas parcelas catastrais 313 e 314 do polígono 247 que figuran a nome de Generosa Fernández Zas e con camiño veciñal; sur, coa parcela catastral 325 que figura a nome de Antonio Fraga Peteiro e coas parcelas 313, 314 e 325; oeste, coas mesmas 318 e 317 e en parte camiño. Correspóndese coas parcelas catastrais 315 e 316 do polígono 247.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo, no tomo 1.029, libro 53, folio 157, predio 6.274, inscrición primeira.

O prezo dos anteditos predios, segundo a valoración efectuada polo facultativo da delegación de Economía e Facenda en Lugo, de data 17 de febreiro de 2000 é o seguinte:

1. Predio Abilleira I1.888 m377.600 ptas. (2.269,42 A)
2. Predio Abilleira II5.760 m748.800 ptas. (4.500,38 A)
3. Predio Monte do Medio4.500 m787.500 ptas. (4.732,97 A)
4. Matogueira Vilarmeá I432 m 21.600 ptas. (129,82 A)
5. Matogueira Vilarmeá432 m 21.600 ptas. (129,82 A)
6. Prado Vilarmeá III384 m 38.400 ptas. (230,79 A)
7. Predio Torna ou Lousado576 m 86.400 ptas. (519,27 A)
8. Labradío Torna ou Lousado624 m 93.600 ptas. (562,55 A)
9. Predio O Cubelo576 m 69.120 ptas. (415,42 A)
10. Predio Pena Trepe672 m 53.760 ptas. (323,10 A)
11. Rochedo a matogueira Penas Lebres12.144 m121.440 ptas. (729,87 A)

Valor total2.419.820 ptas. (14.543,41 A)

Os ditos importes serán aboados polos compradores segundo o establecido no artigo 65.3º do Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, formalizándose a venda en escritura pública».

2º De acordo co artigo 28.1º da Lei 3/1985 e 75.1º do seu regulamento, os propietarios lindantes poderán adquirir directamente con preferencia a calquera outro solicitante, polos prezos de taxación, as parcelas sobrantes, os soares inedificables e os predios rústicos que non acaden unha superficie economicamente explotable ou non sexan susceptibles de prestar utilidade acorde coa súa natureza.

Deste xeito, tendo en conta o disposto no Decreto 330/1999, do 9 de decembro, polo que se establecen as unidades mínimas de cultivo para o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, os propietarios lindantes, que acrediten tal condición, poderán solicita-la adquisición dos predios que figuran na resolución transcrita do 9 de novembro de 2000 cos números 1, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10. Ás solicitudes xuntarase xustificante acreditativo de ter depositado na Caixa de Depósitos, á disposición do secretario xeral e do Patrimonio o 25% do prezo de taxación.

3º Sobre tódolos predios que figuran na resolución transcrita do 9 de novembro de 2000 calquera persoa interesada poderá presentar solicitudes de adquisición que cubran ou superen os prezos de taxación dos inmobles, tendo en conta que sobre os predios 1, 4, 6, 7, 8, 9 e 10, serán adxudicados con preferencia ós propietarios lindantes se así o solicitasen, segundo os criterios establecidos no parágrafo 2º deste anuncio.

Ás solicitudes xuntarase xustificante acreditativo de ter depositado na Caixa de Depósitos, á disposición da Consellería de Economía e Facenda, o 25% do prezo de taxación, en concepto de fianza.

Neste suposto, para o caso de concorrencia de varias solicitudes sobre un mesmo predio cubrindo todas elas o prezo de taxación, tomaranse como criterios de adxudicación o principio xeral de contratación administrativa de adxudicación ó mellor ofertante e a preferencia pola orde de presentación das solicitudes para o caso de igualdade das propostas económicas.

4º Tódalas solicitudes de adquisición faranse por escrito e dirixiranse á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo San Caetano, nº 3, 15771 Santiago de Compostela, presentándose directamente no rexistro xeral desta consellería ou enviándoas por correo ó anterior enderezo dentro do prazo de admisión, neste último suposto deberase xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da solicitude ó fax 981 54 58 70 no mesmo día; non obstante, se transcorreran dez días hábiles seguintes ó da data de remate do prazo sinalada neste anuncio sen ter recibido a solicitude, esta non será admitida en ningún caso.

O prazo para a presentación de solicitudes será o de vinte días hábiles, a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou exposición no taboleiro de anuncios do Concello de Friol, tomándose como referencia para o inicio do expediente o último de entre eles.

5º Para a adxudicación destes predios en venda haberá que aterse ó procedemento establecido nos artigos 75, 76 e 65.3º do Decreto 50/1989, tendo en conta que os custos de outorgamento, así como tódolos gastos e impostos derivados da transmisión, incluído se o houbera o de incremento do valor do inmoble (plusvalía), serán de conta do comprador.

Sen prexuízo da notificación persoal ós adxudicatarios, os resultados desta contratación serán publicados no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Friol.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2002.

Pablo Moure Parrilla

Subdirector xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda